11/10/10

Nantón 3 - Independiente 2

Derrota por 3 a 2 en Nanton, despois de poñerlle o partido moi costa arriba ao lider. Adiantamonos por duas veces pero un penalti de risa pitado polo arbitro doulle ao Nanton a oportunidade de empatar a 2 no primeiro minuto da segunda metade, xusto cando mais ansiosos estaban por empatar. Despois marcaron un golazo nunha xogada preciosa pola banda dereita que rematou de cabeza un diateiro no segundo pau, pero (outra vez) o arbitro escamoteounos polo menos un penalti que viu todo o campo, e esfumousenos a oportunidade de empatar, ainda que apretamos ata o ultimo minuto pois eles acabaron pedindo a hora. Goles de David (noraboa meu, agora vai ser un festival) e Cholo (de penalti).
Bo partido en Nanton con cousiñas que correxir pero demos un bo nivel en liñas xerais. Os xogadores e aficionados locais comentaron que fomos o rival mais duro ao que se enfrentaro ata agora, eso non da puntos pero creo que pode ser unha señal de que estamos traballando na boa direccion.
Un saudo e... FORZA INDEPENDIENTE!!

28/9/10

CORIATANCO 2 - INDEPENDIENTE 0

Partido para olvidar en Coristanco, derrota por 2 a 0 e duas expulsions.


Perdoamos na primeira parte duas ocasions moi claras e na segunda non soubemos xogar en desventaxa despois de que o Coristanco se adiantase no minuto 70 de penalti. O segundo gol local chegou no 85 despois dunha contra, cando xa estabamos volcados en conseguir o empate e
con nove xogadores.


Un pequeno tropezo que nos axudara a seguir crecendo. Forza Independiente!!

5/9/10

INDEPENDIENTE 2 - CORCUBIÓN 2

Primeiro partido e primeiro puntiño para o noso casilleiro, aínda que nos quedou un mal sabor de boca despois de chegar ó tramo final do partido ganando por 2 a 0, pero faltounos gasolina para completar a machada diante dun moi bo Corcubión que estivo máis enteiro fisicamente e conseguiu darlle a volta ó resultado. Lástima tamén do fallo nun man a man na última xogada do partido que ben pudo deixar os 3 puntos en Carballo. Os goleadores foron Cholo (penalti) e Ivi (falta directa).

Para o próximo partido visitamos ó Mazaricos, outro equipo co cartel de favorito, ó partido será o domingo ás 5 da tarde.

RESULTADOS E CLASIFICACIÓN

29/8/10

SUEVOS 2 - INDEPENDIENTE 2

Rematou a pretemporada con un bo partido ante o Suevos de 2ª rexional. O encontro xa non foi o típico partido de pretemporada e xa foi disputado polos dous equipos como se xa fora un encontro oficial.

Landeira marcou o primeiro gol noso ( 1-1 ) e xa no segundo tempo Cholo marcaba o segundo de penalti ( 1 - 2 ).

O próximo sábado empeza a nosa aventura na 3ª rexional nas Eiroas fronte o Corcubión, que é un dos máximos candidatos o ascenso, pero a base de traballo e ilusión intentaremos darlle unha alegria a nosa afición.

22/8/10

INDEPENDIENTE 6 - UNIÓN SPORTIVA 1

Primeira victoria da pretemporada ante os coruñeses do Unión Sportiva. Bo partido en xeral de todo o equipo, pero aínda queda moito traballo por diante.

O próximo sabado disputaremos o último partido da pretemporada ante o Suevos no seu campo, será un difícil test diante dun rival de superior categoría, pero o importante máis que o resultado será ir collendo forma para o debut ligueiro.

Enlace: La Voz de Galicia

18/8/10

INDEPENDIENTE 2 - SILVA "B" 3

Novo partido amigable, que ademáis serviu como presentación ante os nosos seguidores e nova derrota, desta vez foi ante o filial do Silva da Coruña.
Foi un partido clásico de pretemporada con tantos cambios como imprecisións e que sirve para ir probando cousas e metendolle kilometros as pernas de cara o inminente inicio da competición oficial.

O vindeiro sabado xogaremos un novo amigable nas Eiroas as 5 da tarde contra o Unión Sportiva da 3ª da coruña.

8/8/10

CORISTANCO - INDEPENDIENTE

Boas rapaces, hoxe arrancamos co primeiro partida da pretemporada, medindonos o Coristanco , comandado polo noso antigo mister, J.M. Dasilva, o partido inaugural tera lugar as 18:00 no campo da Rocheira en Coristanco, esperamosvos ali coma sempre co voso apoio. Moito animo e forza INDEPENDIENTE!!!!!!!!!!!!!!
Moita sorte o novo mister independiente Roberto e os novos integrantes do plantel.

21/7/10

Estamos federados

Hoxe, dia 21 de xullo do 2010 comeza unha nova etapa na historia do Independiente de Carballo, xa que vimos de federarnos para competir a vindeira tempada na Liga autonomica de terceira rexional. Esperamos que sexa unha etapa prospera en exitos deportivos e persoais para toda a parroquia independiente.
Gracias polo voso apoio e... Forza Independiente!!!