14/9/09

CEREO 4 INDEPENDIENTE 1




Non puido ser, outra final perdida e xa van unhas poucas, nos últimos 3 anos das cinco finales que disputamos entre copa da liga e copa do concello quedamos subcampeóns en tres ocasións e todo o mundo sabe o duro que se fai perder cando estás tan cerca do exito, pero o domingo contra o Cereo mostramos a nosa peor versión e non fomos capaces de facerlle frente en ningún momento a un rival que non nos dou opción a pelearlle o partido en ningún momento, a pesar de que fallamos un penalti e tuvemos algúnha ocasión clara eles sen facer nada do outro mundo superaronnos en ganas e en oficio e eso bastoulles para marcarnos 4 goles e levarse así a súa primeira copa da liga.


Desde aquí solo nos queda darlle animos o mister, os xogadores e a todos os independientes que foron apoiar ó equipo e tamén felicitar a todos os compoñentes do Cereo pola merecida victoria.

7/9/09

INDEPENDIENTE 3 BALDAIO O


Boas xente, seguimos adiante e defenderemos titulo na gran final que se xogará este domingo en Cances. Despois de apear primeiro o Cances e despois o Razo, ahora fomos quen de eliminar o todopoderoso Baldaio, que viña de marcar nada menos que 26 goles en dous partidos.


A pesar do dominio inicial do Baldaio, que salíu apretando forte conseguimos aguatar o arreón e fomos pouco a pouco tendo máis posesión e controlando o xogo e conseguímos marcar xa dous goles no primeiro tempo por medio de Brian e Julio.

Na segunda parte creamos moitas ocasións de gol e dominamos claramente a un baldaio que apenas se acercou pola nosa area , sería nunha desas ocasións na que Efrén de forte disparo batía o porteiro visitante que a pesar de non ser o habitual tuvo unha actuación destacada.

O domingo é a gran final e enfrentaremonos en un interesante duelo ó subcampeón da pasada liga, o difícil Cereo que deixou fora a Seaia, Valenza e A Piña nas semifinales, será un bo partido asique anímo a todo o mundo a que se pase o domingo por Cances a animar o noso benquerido Independiente.



Próximo partido: INDEPENDIENTE - CEREO domingo as 5 en cances


http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2009/09/08/0003_7956203.htm
¡¡FORZA INDEPENDIENTE!!