11/10/10

Nantón 3 - Independiente 2

Derrota por 3 a 2 en Nanton, despois de poñerlle o partido moi costa arriba ao lider. Adiantamonos por duas veces pero un penalti de risa pitado polo arbitro doulle ao Nanton a oportunidade de empatar a 2 no primeiro minuto da segunda metade, xusto cando mais ansiosos estaban por empatar. Despois marcaron un golazo nunha xogada preciosa pola banda dereita que rematou de cabeza un diateiro no segundo pau, pero (outra vez) o arbitro escamoteounos polo menos un penalti que viu todo o campo, e esfumousenos a oportunidade de empatar, ainda que apretamos ata o ultimo minuto pois eles acabaron pedindo a hora. Goles de David (noraboa meu, agora vai ser un festival) e Cholo (de penalti).
Bo partido en Nanton con cousiñas que correxir pero demos un bo nivel en liñas xerais. Os xogadores e aficionados locais comentaron que fomos o rival mais duro ao que se enfrentaro ata agora, eso non da puntos pero creo que pode ser unha señal de que estamos traballando na boa direccion.
Un saudo e... FORZA INDEPENDIENTE!!

28/9/10

CORIATANCO 2 - INDEPENDIENTE 0

Partido para olvidar en Coristanco, derrota por 2 a 0 e duas expulsions.


Perdoamos na primeira parte duas ocasions moi claras e na segunda non soubemos xogar en desventaxa despois de que o Coristanco se adiantase no minuto 70 de penalti. O segundo gol local chegou no 85 despois dunha contra, cando xa estabamos volcados en conseguir o empate e
con nove xogadores.


Un pequeno tropezo que nos axudara a seguir crecendo. Forza Independiente!!

5/9/10

INDEPENDIENTE 2 - CORCUBIÓN 2

Primeiro partido e primeiro puntiño para o noso casilleiro, aínda que nos quedou un mal sabor de boca despois de chegar ó tramo final do partido ganando por 2 a 0, pero faltounos gasolina para completar a machada diante dun moi bo Corcubión que estivo máis enteiro fisicamente e conseguiu darlle a volta ó resultado. Lástima tamén do fallo nun man a man na última xogada do partido que ben pudo deixar os 3 puntos en Carballo. Os goleadores foron Cholo (penalti) e Ivi (falta directa).

Para o próximo partido visitamos ó Mazaricos, outro equipo co cartel de favorito, ó partido será o domingo ás 5 da tarde.

RESULTADOS E CLASIFICACIÓN

29/8/10

SUEVOS 2 - INDEPENDIENTE 2

Rematou a pretemporada con un bo partido ante o Suevos de 2ª rexional. O encontro xa non foi o típico partido de pretemporada e xa foi disputado polos dous equipos como se xa fora un encontro oficial.

Landeira marcou o primeiro gol noso ( 1-1 ) e xa no segundo tempo Cholo marcaba o segundo de penalti ( 1 - 2 ).

O próximo sábado empeza a nosa aventura na 3ª rexional nas Eiroas fronte o Corcubión, que é un dos máximos candidatos o ascenso, pero a base de traballo e ilusión intentaremos darlle unha alegria a nosa afición.

22/8/10

INDEPENDIENTE 6 - UNIÓN SPORTIVA 1

Primeira victoria da pretemporada ante os coruñeses do Unión Sportiva. Bo partido en xeral de todo o equipo, pero aínda queda moito traballo por diante.

O próximo sabado disputaremos o último partido da pretemporada ante o Suevos no seu campo, será un difícil test diante dun rival de superior categoría, pero o importante máis que o resultado será ir collendo forma para o debut ligueiro.

Enlace: La Voz de Galicia

18/8/10

INDEPENDIENTE 2 - SILVA "B" 3

Novo partido amigable, que ademáis serviu como presentación ante os nosos seguidores e nova derrota, desta vez foi ante o filial do Silva da Coruña.
Foi un partido clásico de pretemporada con tantos cambios como imprecisións e que sirve para ir probando cousas e metendolle kilometros as pernas de cara o inminente inicio da competición oficial.

O vindeiro sabado xogaremos un novo amigable nas Eiroas as 5 da tarde contra o Unión Sportiva da 3ª da coruña.

8/8/10

CORISTANCO - INDEPENDIENTE

Boas rapaces, hoxe arrancamos co primeiro partida da pretemporada, medindonos o Coristanco , comandado polo noso antigo mister, J.M. Dasilva, o partido inaugural tera lugar as 18:00 no campo da Rocheira en Coristanco, esperamosvos ali coma sempre co voso apoio. Moito animo e forza INDEPENDIENTE!!!!!!!!!!!!!!
Moita sorte o novo mister independiente Roberto e os novos integrantes do plantel.

21/7/10

Estamos federados

Hoxe, dia 21 de xullo do 2010 comeza unha nova etapa na historia do Independiente de Carballo, xa que vimos de federarnos para competir a vindeira tempada na Liga autonomica de terceira rexional. Esperamos que sexa unha etapa prospera en exitos deportivos e persoais para toda a parroquia independiente.
Gracias polo voso apoio e... Forza Independiente!!!

16/6/10

Independiente 1 - Baldaio 1

Boas xente, este pasado domingo empatamos contra o Baldaio no partido de ida das semifinais da Copa do Concello.

Foi un partido que dominamos de principio a fin que so empatamos pola mala labor arbitral (vaia dous penaltis non pitados, foras de xogo inexistentes, tarxetas, etc.. en fin, que non foi o dia de Isidro) e a que o Baldaio non lle perdeu a cara nunca ao partido. Despois dun primeiro tempo de dominio independiente pero sen grandes ocasions chegamos o descanso, onde Jose Maria moveu pezas e o dominio empezou a ser abrumador pola nosa parte. Sucederonse asi as ocasions de Roberto Sande (expulsado por protestar no minuto 5 da segunda metade. Uns minutos mais tarde sucedeu unha xogada similar con Tonecho que se saldou con amarilla), Chilin, Cholo e Brian. Acabaria marcando Chilin depois dun rechace do porteiro a potente tiro coa zurda de Moreno. Ainda en inferiodade numerica seguimos a dominar e a fallar ocasions ata que no minuto 90, e despois dun afortunado rebote, o Baldaio conseguiu o ansiado empate.

En fin, todo por decidir o vindeiro domingo en Baldaio as 17 horas. Agardamosvos!!

26/5/10

COPA DO CONCELLO


Domingo -30 de Maio as 16:45 no campo da Grela ,PEÑA GALICIA ----INDEPENDIENTE DE CARBALLO FC.

4/5/10

Independiente de Carballo 1 Baldaio 2


Xogaron: Upi (porteiro), Rafa, Dani, Josi e Chori (defensa); Carlos, Cholo e Pea (medio); Moreno, Bencho, Sande e Brian (dianteiros).

Na primeira parte aguantariamos ben o Baldaio chegando o descanso 0-0 , xa logo na segunda parte empezariamos fortes marcando un gol (Brian) e poñendonos por diante na eliminatoria, e cando estaba mais cerca o segundo gol noso, o Baldaio marcaria unha falta na frontal da area por medio de Tonecho. Despois do empate seguimos indo polo partido, tendo ocasions claras e perdonando, e chegou o segundo gol do Baldaio nunha contra finalizada por Luis. Bueno unha vez finalizada a copa da liga para o Independiente intentaremos chegar un pouco mais adiante no proximo torneo (Copa do Concello).

Decir que dende aqui estamos solidarizados coas familias do noso porteiro Luis "Flei" e do seu compañeiro de traballo Sousa. Animo e forza.

ENLACE "LA VOZ DE GALICIA"

1/4/10

Entrega de Trofeos.

O Domingo 4 de Abril no Campo do Cances as 16:45 ,Xogara o Baldaio Campeon da liga 17 Intermunicipios contra unha Seleccion de Xogadores de todolos equipos da liga,unha vez finalice farase entrega dos Trofeos ,Equipo menos goleado :Baldaio (25 goles),Trofeo Deportividad: Leiloio (tarxetas 17) ,Maximo Goleador:Bili do Valenza (41 Goles) .Representando o Independiente de Carballo F.C . xogara na seleccion Cholo .




31/3/10

24/3/10

Baldaio 3 Independiente 1

Xogaron ,Frei (porteiro)Rafa,Dani,Eloy,Efren e Chori (defensa)Josito,Carlos (medio)Cholo,Pitu,Bencho,Moreno,Palermo e Upi (dianteiros) .Saimos dende o principio a polo partido e pronto nos encontrariamos con un gol encontra a partir de ahi ,xa nos viñemos a abaixo e antes de acabar a primeira parte, marcaron outro gol e asi fomos o descanso ,na segunda parte intentariase remontar e Upi marca o noso gol e nunha contra deles sentencian o partido a favor , decir que os goles deles marcariaos Tonecho porque xa se sabe que e tipico contra estes equipos xa poñen eles o que queren nas actas dos arbitros ,tamen decir que o arbitro (para nos) Varela para eles, que teñen confianza, non influiu para nada no marcador , enoraboa o Baldaio por haber ganado a liga ,este ano fixeron algunha trapallada , pero menos das que nos teñen acostumbrados,( cando me refiero a trapalladas refierome a federacion esa de peñas onde pon as nosas sancions Jose Antonio o mister deles canto menos algo atipico ) ,para nada os xogadores do Baldaio o cales non necesitan ese tipo de mafia para ganar partidos .
Xornada 26 (ultima xornada da liga)28-3-10 as 16:00 no campo das Eiroas INDEPENDIENTE DE CARBALLO ----- CANCES

15/3/10

INDEPENDIENTE 0 A PIÑA 0

Xogaron,Upi (porteiro)Rata,Efren,Dani,chori,Eloy e Castro (defensa) Carlos,Sande,Josito,Cholo e moreno (medio)Bencho,palermo (delanteros) .Mal planteamento dende o principio co aire a favor ainda asi tubemos tres ocasions de marcar na primeira parte que non finalizamos, logo o equipo teria un baixon fisico e asi fomos o descanso ,na segunda parte a pesar de ter o aire encontra fixemonos co partido e seguimos desperdiciando ocasions ata o final . XORNADA 25(21-03-10)BALDAIO---INDEPENDIENTE CARBALLO FC. No campo do Baldaio as 16:00

11/3/10

A BREA 1 INDEPENDIENTE 2

Xogaron, Frei(porteiro) Chori,Dani,rafa,Efren e Eloy (defensa ) Carlos,Josito e cholo (medio) Bencho,moreno,Palermo e Upi (delanteros).Un partido moi complicado posto que no que levamos de liga A Brea so foi o unico equipo capaz de ganarlle o Baldaio ,dende o principio saiuse a polo partido sendo conscientes de que son un equipo que non temen a ningun rival e xogan un futbol moi directo ainda asi adiantamonos no marcador con un gol de Josito nun rechace nun saque de esquina ,logo perderiamos un pouco o sitio no campo e con un tiro dende fora da area marcaria Chimpo o gol do empate ,e asi fomos o descanso .Na segunda parte sabianos que tiñanos que ir polo partido e asi salimos e nunha falta marcaria Dani o gol da victoria .


Xornada-24(14-03-10) Independiente Carballo ---A Piña ,nas Eiroas as 16:00

24/2/10

A Vieira 1 Independiente 2

Fotos de Kiko do Idc









Xogaron ,Frei(porteiro)Eloy,Dani,Castro,Rafa,Efren e Chori (defensa)Carlos,Cholo(medio)Julio,Palermo e bencho (delanteros).Un partido dificil nun campo en mal estado e un rival complicado ,pero sacouse adiante ,empezamos perdendo por un a cero e asi fomos po descanso ,na segunda parte saimos cas ideas mais claras e Chori marca un gol que nos mete no partido ,logo teriamos moitas ocasions e asta cerca do final non marcou Palermo o gol da victoria ,tres puntos mais e un bo partido do equipo.




Xornada 22 ,Domingo 28-2-10,nas Eiroas AS 15:40 INDEPENDIENTE DE CARBALLO ---VALENZA

19/2/10

INDEPENDIENTE 5 XORNES 0

Antroido,cocido,resaca e pouco futibol .
Xornada,21 ,Domingo 21-2-10,as 16:00 no campo da Vieira (laracha) A VIEIRA-INDEPENDIENTE DE CARBALLO FC.

8/2/10

Independiente 8 Peña Galicia 0

Xogaron, Flei(porteiro) Eloy,Dani,Castro e Rafa (defensa) Carlos ,Efren,Sande e Omar (medio) Brian,Moreno,Cholo,Palermo,Miguel ,Upi (delanteros).Tamen estaban presentes no campo Bencho,Julio e Pea que non xogaron por Lesion. O Galicia saiu coma sempre a perder tempo desde que empezou o partido e encerrase todos no seu campo ,pero nesta ocasion o campo non estaba como na grela na primeira volta e o idc desde o principio fixose co balon e foi polo partido ,marcaron esta semana Palermo 3 goles,Brian 2goles e Cholo,Upi e miguel un gol .Agradecer a toda xente que nos apoia nos partidos e como non as Mikis que nesta ocasion tamen colaboran no blog aportando as fotos do partido .

Flei


Dani e Castro




As Mikis

Homenaxe as Mikis




Xornada 20 -Independiente--Xornes as 16:00 Nas Eiroas

3/2/10

Seaia 2 Independiente 6


Domingo 31-1-10 Xornada 19 as 16:00 INPENDIENTE DE CARBALLO FC ----PEÑA GALICIA

27/1/10

Independiente 5 Deportivo Razo 1

O IDC saiu unha vez mais polo partido sendo consciente de que xogaba contra o Razo un dos rivales mais duro da liga, pero nesta ocasion ganamos e en todo momento tivemos o control do partido. Os goleadores foron Cholo dous, Brian dous e Palermo con un gol, destacar que xogaron todos ben incluso o porteiro tivo duas grandes paradas. Tamen a presencia de toda a xente do Independiente foi importante, socios, aficionados, mikis etc...

Por contra no outro partido na zona alta da clasificacion o Baldaio gana por 1-7 na casa da piña. Hai que seguir.

Enlace La Voz de Galicia

O DOMINGO 24-1-10 NO CAMPO DO BUÑO AS 18.00 H
SEAIA -INDEPENDIENTE CARBALLO
(xogase despois do partido do Buño --Caion )

18/1/10

Leiloio 0 Independiente 11




Xornada,17 .Domingo 24-1-2010 as 16.00h no campo das Eiroas INDEPENDIENTE DE CARBALLO ----- DEPORTIVO RAZO

13/1/10

Independiente 2 Cereo 1


Xornada ,16, Leiloilo -- Independiente as 16:00

7/1/10

Oza 2 Independiente 5

Cholo 1 gol Bencho 1 gol

Brian marca 3 O Domingo nas eiroas as 16.00 Independiente---Cereo