16/6/10

Independiente 1 - Baldaio 1

Boas xente, este pasado domingo empatamos contra o Baldaio no partido de ida das semifinais da Copa do Concello.

Foi un partido que dominamos de principio a fin que so empatamos pola mala labor arbitral (vaia dous penaltis non pitados, foras de xogo inexistentes, tarxetas, etc.. en fin, que non foi o dia de Isidro) e a que o Baldaio non lle perdeu a cara nunca ao partido. Despois dun primeiro tempo de dominio independiente pero sen grandes ocasions chegamos o descanso, onde Jose Maria moveu pezas e o dominio empezou a ser abrumador pola nosa parte. Sucederonse asi as ocasions de Roberto Sande (expulsado por protestar no minuto 5 da segunda metade. Uns minutos mais tarde sucedeu unha xogada similar con Tonecho que se saldou con amarilla), Chilin, Cholo e Brian. Acabaria marcando Chilin depois dun rechace do porteiro a potente tiro coa zurda de Moreno. Ainda en inferiodade numerica seguimos a dominar e a fallar ocasions ata que no minuto 90, e despois dun afortunado rebote, o Baldaio conseguiu o ansiado empate.

En fin, todo por decidir o vindeiro domingo en Baldaio as 17 horas. Agardamosvos!!