30/8/09

RAZO 0 INDEPENDIENTE 3




Boas a tod@s, seguimos a diante noa copa da liga gracias a contundente victoria conseguida no difícil campo de Razo.
A tarde presentabase moi calurosa e o terreo de xogo duro e irregular o que sumado a dificultad do rival facía que fora necesario realizar un partido serio e de derroche fisico, e non defraudaron os rapaces que se vian con ganas de deixar o Razo fora do torneo.

Empezamos moi ben colocados e combinando ben no medio do campo o que provocou que dispuxeramos de algunhas ocasións para marcar, pero non sería hasta o tramo final da primeira parte no que Moreno abriría o marcador con un espectacular gol de corner directo e chegando así con esa minima ventaxa o descanso.
A segunda parte foi algo máis espesa e baixouse fisicamente debido o sofocante calor que facía, pero aínda así Cholo de forte disparo e Julio con un tiro axustado desde fora da area lograron colocar o definitivo 0 a 3 no marcador.
Destacar o debut de Upi e de Pea que se uniron a familia Independiente e fixerono con moi boa nota.



Próximo partido: INDEPENDIENTE - BALDAIO (domingo as 6 en LENDO)

24/8/09

CANCES 1 INDEPENDIENTE 5














Boas xente, o domingo empezamos a copa da liga e a pesar de levar un tempo inactivos e de estrenar algúns novos compañeiros fixose un bo partido e ganouse con claridad.

Debutaron catro dos novos: Fley (recuperado). Palermo(Razo), Omar(San Lorenzo) e Maikel e fixerono con boa nota, estrenandose tamén como goleadores Palermo con dous goles e Maikel con un que se uniron os marcados por Julio e Castro para apear o Cances da copa.
Un cances que tamén estrenaba algún xogadores novos e que aguantou ben os primeiros cuarenta e cinco minutos, pero na segunda parte viñeronse algo abaixo.
Para o próximo partido seguramente contemos con algunha cara nova máis.
Próximo partido: INDEPENDIENTE - RAZO domingo as 17:00 no campo do Razo

14/8/09


O domingo 23 arranca unha nova e ilusionante temporada na que esperamos poder pasalo ben e xunto cos novos compañeiros que se uniron o equipo pelearemos por estar o máis arriba posible.

Empeza a copa da liga, da que somos os vigentes campeóns e empezamola contra o Cances no seu campo, reeditando unha das semifinales do ano pasado.
Pois eso rapaces acabaronse as vacacións asique a poñerse as pilas.


PROXIMO PARTIDO DOMINGO AS 5 EN CANCES

¡¡FORZA INDEPENDIENTE!!