28/9/10

CORIATANCO 2 - INDEPENDIENTE 0

Partido para olvidar en Coristanco, derrota por 2 a 0 e duas expulsions.


Perdoamos na primeira parte duas ocasions moi claras e na segunda non soubemos xogar en desventaxa despois de que o Coristanco se adiantase no minuto 70 de penalti. O segundo gol local chegou no 85 despois dunha contra, cando xa estabamos volcados en conseguir o empate e
con nove xogadores.


Un pequeno tropezo que nos axudara a seguir crecendo. Forza Independiente!!

5/9/10

INDEPENDIENTE 2 - CORCUBIÓN 2

Primeiro partido e primeiro puntiño para o noso casilleiro, aínda que nos quedou un mal sabor de boca despois de chegar ó tramo final do partido ganando por 2 a 0, pero faltounos gasolina para completar a machada diante dun moi bo Corcubión que estivo máis enteiro fisicamente e conseguiu darlle a volta ó resultado. Lástima tamén do fallo nun man a man na última xogada do partido que ben pudo deixar os 3 puntos en Carballo. Os goleadores foron Cholo (penalti) e Ivi (falta directa).

Para o próximo partido visitamos ó Mazaricos, outro equipo co cartel de favorito, ó partido será o domingo ás 5 da tarde.

RESULTADOS E CLASIFICACIÓN