28/9/08

Video da final de Copa: Ernestito, "el arbitro guay"

Hola xente, aquí vos deixo un video da recente final de copa. No mesmo podemos ver ó árbitro da final Ernestito el "árbitro guay". Un saúdo para toda a parroquia Independiente.

26/9/08

Arranca a Liga, próxima estación Valenza

Hola a tod@s, este vindeiro domingo 28 de setembro ponse a andar a 16ª Liga Intermunicipios. O partido a disputar polo Independiente será en Valenza ás 17 horas contra o equipo local. Agardamos que nesta Liga poidamos estar na pelexa ata o final e, como non, levarnos o título para a casa. Informaremos en vindeiros post. Sorte rapaces!!

P.D: Máis fotos tabernarias

24/9/08

Cea de celebración: Sábado 26 (anulada) Pasámola para o sábado 4 de Outubro

Boas xente. O sábado día 4 de outubro haberá unha cea para a celebración do título de Copa. A cuchipanda será no Mesón As Viandas ás 22 horas. Hai que avisar da asistencia ó presidente. Talogo e vémonos.

Fotos da final

Enlace á noticia de La Voz de Galicia


"Final" do partido

Michel recibindo a Copa

Michel bailando coa Copa

22/9/08

Amarramos a lata!!

Boas xente, onte conseguimos amarrar o cacho de lata que nos faltaba, a Copa da Liga.
A final disputouse en Cereo ante un numeroso público que, maioritariamente, apoiaba ó Razo. Os nosos rapaces empezaron o partido sen darlle tregua ó rival e Jorge aproveitou un saque de córner para adiantar ó Independiente no marcador. As ocasións sucedíanse na portería do Razo e parecía que o segundo estaba a caer pero o Razo empatou antes de rematar o primeiro tempo. Na reanudación empezamos algo durmidos pero pronto lle collemos o ritmo de novo ó partido e tivemos varias ocasións claras para marcar, pero non o consegiríamos ata que o "árbitro" pitou un penalti cometido sobre Brian. O encargado de anotar a pena máxima foi Michel que coa súa famosa paradinha logrou marcar o gol da victoria. A partir de aquí pouco hai que contar xa que o "árbitro" pitou o final do partido cando faltaban dez minutos e marchou do campo sen dar explicacións entre varios intentos de agresión por parte dos xogadores do Razo.
O caso é que ganamos a Copa que nos faltaba nas vitrinas, esperemos que sexa un bo agoiro para esta tempada que xa empeza. Mañá fotos e máis fotos. Atalogo e gracias a todos os rapaces, SODES OS MELLORES!! FORZA INDEPENDIENTE!!

21/9/08

Brian, hoxe é o teu día

Boas a tod@s, cando falta unha hora escasa para a final da Copa da Liga queremos facer un alegato en favor de Brian, un dos mellores e máis comprometidos xogadores do Independiente. Nené, hoxe é o teu día, hai que montala gorda e facerlle un par de caracoles ós do Razo. PODEMOS!!!

De esquerda a dereita: Brian, Brian, Brian, Brian...

16/9/08

Cances 0 - Independiente 1: La Voz de Galicia

Boas rapazada. Ahí vos deixo o enlace á noticia de La Voz de Galicia. Esta semana ímos facer un concurso para o que atope todos os gazapos da noticia, e abofé que son uns cuantos. O premio será un título de periodista con traballo fixo na redacción de Carballo de La Voz de Galicia. Saudos.

Noticia La Voz de Galicia

15/9/08

Recordemos o pasado II

¿Lembradesvos da primeira liga? Dasilva sí se lembra e por iso envioume este recorte para que o publique. Fagamos historia de novo rapaces, hai que amarrar o cacho de lata!!

Recordemos o pasado

Boas rapazada, coma esta semana temos unha final no camiño imos lembrar un pouco de historia do Independiente. Deixovos unhas fotos do primeiro título conseguido polo clube que foi a Copa do Concello. Disfrutade das lembranzas.









14/9/08

Efren non quere sair

Boas rapazada, parece ser que Efren non quere saír no blog así que para quen non quere sempre hai. Por eso esta entrada por partida doble con video e foto.
Saúdos xente.














Efren Bolt.

Cances 0 - Independiente 1; camiño da final.

Boas a tod@s, esta tarde celebrouse no campo de Cereo a semifinal da Copa da Liga co resultado final de 0 a 1 para os rapaces entrenados por Dasilva. O partido tivo varias fases nas que os dous equipos levaron control pero ó final foi o Independiente quen levou o ghato á augha cun gol de Chimpo mediada a segunda metade.
Na outra semifinal impúxose o Razo ó Baldaio por 3 goles a 2. A final disputaráse o vindeiro domingo ás 5 da tarde no campo de Cereo.
Dende aquí vaian os nosos parabéns para os homes de Dasilva por esta nova final e tamén o noso apoio para que os rapaces se impoñan o Razo e conquisten asi un novo título para as vitrinas do Independiente. Forza Independiente!!


O Moreno e Benchote ó final do partido.