29/8/10

SUEVOS 2 - INDEPENDIENTE 2

Rematou a pretemporada con un bo partido ante o Suevos de 2ª rexional. O encontro xa non foi o típico partido de pretemporada e xa foi disputado polos dous equipos como se xa fora un encontro oficial.

Landeira marcou o primeiro gol noso ( 1-1 ) e xa no segundo tempo Cholo marcaba o segundo de penalti ( 1 - 2 ).

O próximo sábado empeza a nosa aventura na 3ª rexional nas Eiroas fronte o Corcubión, que é un dos máximos candidatos o ascenso, pero a base de traballo e ilusión intentaremos darlle unha alegria a nosa afición.

22/8/10

INDEPENDIENTE 6 - UNIÓN SPORTIVA 1

Primeira victoria da pretemporada ante os coruñeses do Unión Sportiva. Bo partido en xeral de todo o equipo, pero aínda queda moito traballo por diante.

O próximo sabado disputaremos o último partido da pretemporada ante o Suevos no seu campo, será un difícil test diante dun rival de superior categoría, pero o importante máis que o resultado será ir collendo forma para o debut ligueiro.

Enlace: La Voz de Galicia

18/8/10

INDEPENDIENTE 2 - SILVA "B" 3

Novo partido amigable, que ademáis serviu como presentación ante os nosos seguidores e nova derrota, desta vez foi ante o filial do Silva da Coruña.
Foi un partido clásico de pretemporada con tantos cambios como imprecisións e que sirve para ir probando cousas e metendolle kilometros as pernas de cara o inminente inicio da competición oficial.

O vindeiro sabado xogaremos un novo amigable nas Eiroas as 5 da tarde contra o Unión Sportiva da 3ª da coruña.

8/8/10

CORISTANCO - INDEPENDIENTE

Boas rapaces, hoxe arrancamos co primeiro partida da pretemporada, medindonos o Coristanco , comandado polo noso antigo mister, J.M. Dasilva, o partido inaugural tera lugar as 18:00 no campo da Rocheira en Coristanco, esperamosvos ali coma sempre co voso apoio. Moito animo e forza INDEPENDIENTE!!!!!!!!!!!!!!
Moita sorte o novo mister independiente Roberto e os novos integrantes do plantel.