Boas xente, seguimos adiante e defenderemos titulo na gran final que se xogará este domingo en Cances. Despois de apear primeiro o Cances e despois o Razo, ahora fomos quen de eliminar o todopoderoso Baldaio, que viña de marcar nada menos que 26 goles en dous partidos.
A pesar do dominio inicial do Baldaio, que salíu apretando forte conseguimos aguatar o arreón e fomos pouco a pouco tendo máis posesión e controlando o xogo e conseguímos marcar xa dous goles no primeiro tempo por medio de Brian e Julio.
Na segunda parte creamos moitas ocasións de gol e dominamos claramente a un baldaio que apenas se acercou pola nosa area , sería nunha desas ocasións na que Efrén de forte disparo batía o porteiro visitante que a pesar de non ser o habitual tuvo unha actuación destacada.
O domingo é a gran final e enfrentaremonos en un interesante duelo ó subcampeón da pasada liga, o difícil Cereo que deixou fora a Seaia, Valenza e A Piña nas semifinales, será un bo partido asique anímo a todo o mundo a que se pase o domingo por Cances a animar o noso benquerido Independiente.
Próximo partido: INDEPENDIENTE - CEREO domingo as 5 en cances
http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2009/09/08/0003_7956203.htm
¡¡FORZA INDEPENDIENTE!!