Boas xente, onte conseguimos amarrar o cacho de lata que nos faltaba, a Copa da Liga.
A final disputouse en Cereo ante un numeroso público que, maioritariamente, apoiaba ó Razo. Os nosos rapaces empezaron o partido sen darlle tregua ó rival e Jorge aproveitou un saque de córner para adiantar ó Independiente no marcador. As ocasións sucedíanse na portería do Razo e parecía que o segundo estaba a caer pero o Razo empatou antes de rematar o primeiro tempo. Na reanudación empezamos algo durmidos pero pronto lle collemos o ritmo de novo ó partido e tivemos varias ocasións claras para marcar, pero non o consegiríamos ata que o "árbitro" pitou un penalti cometido sobre Brian. O encargado de anotar a pena máxima foi Michel que coa súa famosa paradinha logrou marcar o gol da victoria. A partir de aquí pouco hai que contar xa que o "árbitro" pitou o final do partido cando faltaban dez minutos e marchou do campo sen dar explicacións entre varios intentos de agresión por parte dos xogadores do Razo.
O caso é que ganamos a Copa que nos faltaba nas vitrinas, esperemos que sexa un bo agoiro para esta tempada que xa empeza. Mañá fotos e máis fotos. Atalogo e gracias a todos os rapaces, SODES OS MELLORES!! FORZA INDEPENDIENTE!!
14 comentarios:
Ladróns!!!
Hola a todos:
En primer lugar dar la enhorabuena al independiente por la copa. Después, lo de "ladróns", yo no lo veo asi, estaba en el campo y no soy ni del independiente ni del Razo, solo veía el partido, y en esta ocasión, el independiente no tuvo ninguna culpa de lo que pasó, fue una decisión del árbitro, que aunque no estuvo muy acertada, ellos poco podían hacer. Lo siento por el Razo, otra vez será.
ESTOU DE ACORDO O INDEPENDIENTE NON TIVO NADA QUE VER CO ARBITRO LADRONS NON SON. O PARTIDO FOI XOGADO E DISPUTADO E TAMEN MOI BRONCO ALGUN XOGADO DE CADA EQUIPO TERIA QUE IR A DUCHA ANTES DO FINAL ( VEDADADE Nº 7 DO INDEPENDIENTE) .PD: CAMPEONS NON SEI DE QUE PORQUE O PARTIDO NON ACABOU.REGALADO POLA FANTASTICA ORGANIZACION DE PEÑAS.QUE VERGONZA PERO BUENO O SR MANOLO O QUERE ASI E ECHE O QUE AI.ANTE TODO NORABOA DUN RIVAL DO INDEPENDIENTE AI XENTE QUE MERECE A PENA NESE EQUIPO ; POUCA PERO AINA.CON DIOS E VEMONOS NA LIGA
o partido foi bastante disputado e bronco anque mereciu ganar o idc por un gol mais os xogadores do razo estuberon ben pero a panda de lagachimas que en vez de apoiar o equipo do razo estan a picar neles e no arbitro son os q escarallan o razo e mais os arbitros eiris esta fora pero ainda tedes moita merda por fora do campo e non son a xente nova de razo sorte para prosima
o idc mereceu ganar a pesar de que tiñanos moitas baixas ,o razo e un gran equipo pero creo que pasaronse un pouco co arbitro, espero que os xogadores do idc nunca se porten como os do razo neste partido unha cousa e discutir no campo e outra e facer o q fixeron
unha pregunta que me fago eu e que sancion hai para gustavo ,gustaviño ,luis ,panuchi e algun mais do razo por amenazar e intentarlle pegar o arbitro claro como tan no razo rodeado de lagachimas non lle ban facer nada pero tede cuidado cando estas con lagachimas acabas sendo un baboso
Camilo, ti non fales nada que xa hai tempo que morreche e non dis mais que tonterias, ó arbitro non lle pegou nadie. Ti si que debes ser un bo verme.
A copa da liga e nosa
co Independiente non hai que poida
ME PARTO!!´JA.JA,JA. pero con que xogadores querian xogar o 10minutos que faltaban se o arbitro os tiña que expulsar a todos,"si,a todos"algun do noso equipo por menos caeronlle 30 partidos e estes ahora ainda lle votan a culpa a Manolo, que querian que lle marcara el os goles?¡¡ que pateticos!!
¡¡POIDEMOS...!!
Sinverguenzas!! Como tivestes collóns a recoller a copa. Xa nunca tivechedes clase e na ibades a ter ahora. IDC ladrons
TRANQUILOS INDEPENDIENTES, QUE O QUE ROUBA O LADRÓN TEN CEN ANOS DE PERDÓN.
Eiris creo que estás sacando as cousas de lugar. Os do independiente recolleron a copa porque lle correspondía, igual que o voso xogador a recolleu e despois a volvestedes a devolver, se non a queredes non a collades desde o primeiro momento, non andedes adiante e atras.
Todo o mundo sabe, os que coñecemos esta liga, que os do independiente lles gusta o follón, pero hai que recoñer que en este partido estiveron tranquilos, non así os do Razo que non lles gustan as liortas menos que a eles e as buscaron todo o partido.
O independiente portouse ben.
ayyyy, da justo ver os comentarios....¿qué falades de Vietnam ou de Irak?..mi madriña como ta o conto
Un pouquiño de por favor home!! Se queríades gherrear xa puidechedes facelo no campo, aquí ímos a estar tranquiliños que xa parece esto a casa de Tocame Roque.
Publicar un comentario