14/9/08

Cances 0 - Independiente 1; camiño da final.

Boas a tod@s, esta tarde celebrouse no campo de Cereo a semifinal da Copa da Liga co resultado final de 0 a 1 para os rapaces entrenados por Dasilva. O partido tivo varias fases nas que os dous equipos levaron control pero ó final foi o Independiente quen levou o ghato á augha cun gol de Chimpo mediada a segunda metade.
Na outra semifinal impúxose o Razo ó Baldaio por 3 goles a 2. A final disputaráse o vindeiro domingo ás 5 da tarde no campo de Cereo.
Dende aquí vaian os nosos parabéns para os homes de Dasilva por esta nova final e tamén o noso apoio para que os rapaces se impoñan o Razo e conquisten asi un novo título para as vitrinas do Independiente. Forza Independiente!!


O Moreno e Benchote ó final do partido.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

moi ben xavi, vas mellorando esto xa ten nivel,non o digo por estes dous mazarocos da foto senon por toda a paxina

txpngz dijo...

Ahi tas ti Mighelinho. Intentarase millorar no que se poida. Deboche un post, jajaja.

Anónimo dijo...

Tes razon mighelinho, esto xa ten nivel,pero con estes mazarocos dalle un toque distinto de carallo a paxina.jejeje

Anónimo dijo...

parece o Atletico Milagrosa

Anónimo dijo...

Un orgullo a comparacion..