Hola xente, este domingo xogamos un emocionante partido no campo do Cereo no que saímos victoriosos nun intercambio de golpes. O partido púxose moi costa arriba nos primeiros minutos cun gol do Cereo case sen saír dos vestiarios pero os nosos xogadores sacaron a casta e ó descanso xa íamos gañando por 1 a 2. No segundo tempo máis do mesmo, o balon corría dunha área á outra e conseguiron empatar o partido a 2 goles. Pouco duraría a emoción pois logramos marcar dous goliños máis e o Cereo logrou o seu terceiro gol nas postrimerías do encontro. Con esta victoria quedamos empatados a puntos e contentos de que fora un partido con moita deportividade e compadreo. Un saúdo para toda a xente de Cereo e, por suposto, para a parroquia Independiente. Gracias a Rama pola foto, outro día roubasma ti a min, jaja.
Enlace La Voz de Galicia
11 comentarios:
Haber si temos que negociar o partido de volta polos dereitos da foto.Saudos
wenas!!!!!!!!!!
Esta semana abera q ganarlle o oza e empezar cunha boa racha
Un saúdo
cholo que che parece que eres rony hai que correr siempre sales nas fotos mirando como corren os outros
ti cala ke non corres nada coma outros eu andaba a kentar nas rapazas que e o meu.
E donde estaban as rapazas? porque o que é no campo e nos arredores non habia moitas, parece que o idc non ten moita afición femenina.
¿ Que seria de nós sin Cholo?, e non queira dios que deixe o alpiste, seria imparable.
donde xogamos o domingo? e a que hora?
Hola. O domingo xogades ca casa contra o Razo, a non ser que teñades o campo ocupado, a tanto xa non chego. A hora do partido é as 16:00, co cambio de horario adiantanse os partidos unha hora, coma sempre. O final vai ser verdade que necesitades unha delegada.
Tmén nos fai falta unha persoa que sexa seria e que actualize esta paxina...que falta o resultado do domingo pasado...
actualizadeeee non sexades langráns jajaja.
.......
Publicar un comentario