Hola socios, este post é para informar da orde da noite da asamblea a celebrar o próximo sábado día 4:
1º Punto: Pulpo á feira con cachelos, votaráse a cantidade de pimentón a botar.
2º Punto: Churrasco con patacas e ensalada, votaráse o escoller entre porco ou ternera.
3º Punto: Tarta al whisky, botaráselle un chorriño por encima, jejeje.
4º Punto: Chupitos, botaránse polo vater abaixo como vos pasedes con eles, jaja.
5º Punto: Ruegos, preguntas e cantes rexionais. Aquí botamos toda a leña no lume.
Espero que estedes conformes coa orde da noite, só dicir que o sistema de votación será mediante fonogramas audibles (a berros, como toda a vida) para evitar posibles suspicacias no reconto.
Agardamos que acudades todos para que así sexa unha asamblea limpa.
Paquito Lasuda, Presidente
Ó acabar a asamblea dirixirémonos á festa do quinto en Ponteceso, déixovos o cartel anunciador.
Saúdos e Forza Independiente!!
Tede cuidado á volta que Tráfico non se anda con chiquitas!
8 comentarios:
Hola rapaces,ten moi boa pinta a asamblea. Que o pasedes ben!!!
Saúdos
esperamos verte por puenteceso delegada que ainda temos que tratar contigo e mais co resto de rapazas que forman parte do teu equipo de traballo os flecos do contrato para o ano que ben.
Hola, sinto comunicarvos que non hai máis rapazas no equipo de traballo, de feito son a única muller na liga.
Saúdos
Menudas estrellas! jeje! si haceis muchas asambleas así yo también me apunto!!
Besitos!
Mayra
Dende aquí comprométome a invitar á nosa asamblea a Mayra e á Delegada para que vexan como funciona a democracia neste clube. E o ano próximo contratadas as dúas, só hai que falar das condicións. Pensadeo que por cartos non hai problema.
Paquito Lasuda.
Presidente.
Jajajaja moi orixinal a entrada, si señor.
Espero que o pasedes ben na 'asamblea'... e que ratifiquedes ou rectifiquedes ó presi xD
si,si que veñan elas, que veñan, que veñan
Que veñan elas e as súas amijas tamén
Publicar un comentario